AGENCIA PARA EL ACEITE DE OLIVA

Menu Principal

Contenido

INFORMACIÓN DO SECTOR

flecha O oliveiral español


A oliveira é un cultivo orixinario e xenuíno da rexión eco-xeográfica do Mediterráneo e as súas producións, o aceite de oliva e as olivas de mesa, son compoñentes básicos da dieta tradicional dos seus habitantes: a coñecida e saudable dieta mediterránea.
España é o primeiro produtor e exportador mundial de aceite de oliva e de olivas de mesa, coa maior superficie de oliveiral e o maior número de oliveiras. A nivel nacional, o oliveiral é o segundo cultivo en extensión, despois dos cereais, e está presente en 34 das 50 provincias españolas. Andalucía representa o 60%.
Ademais da súa enorme proxección territorial, o cultivo da oliveira e as súas producións, o aceite de oliva e as olivas de mesa, configuran un dos principais sectores do sistema agroalimentario español, tanto pola súa importancia económica, como social, ambiental ou de saúde pública.
As principais macromagnitudes de referencia para caracterizar e dimensionar o oliveiral español son as seguintes:

Superficie de oliveiral: 2.456.719 ha.
Oliva de muíño: 2.359.480 ha.
Oliva de mesa: 97.239 ha.
Secaño: 1.941.252 ha.
Regadío: 515.467 ha.
Número de oliveiras: 282.696.000
De muíño: 264.321.000
Oliva de mesa: 18.375.000
Emprego directo: 32.000.000 xornais
Recolección: 16.650.000 xornais
Resto tarefas: 15.350.000 xornais
Ver Más Información ...