AGENCIA PARA EL ACEITE DE OLIVA

Menu Principal

Contenido

AAO

flecha Información Xeral
A Agencia para el Aceite de Oliva (AAO) é unha axencia pública da Administración española, adscrita ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, con natureza xurídica de organismo autónomo, personalidade xurídica diferenciada e patrimonio propio. Está especializada no sector do oliveiral e as súas producións: o aceite de oliva e as olivas de mesa.
A AAO foi creada en 1987 e, ata novembro de 2005, mantivo unha dobre dependencia financeira e funcional do citado ministerio e da Comisión Europea.
O sector olivareiro é un dos compoñentes principais do sistema agroalimentario español pola súa importancia económica, social, territorial, ambiental e de saúde pública.
Os principais obxectivos da AAO son os seguintes:
Asegurar o bo fin das axudas da PAC ao sector.
Asegurar a transparencia dos mercados do aceite de oliva e das olivas de mesa.
Asegurar o bo funcionamento do sector.
Para a consecución dos seus obxectivos, a AAO exerce as súas propias competencias e funcións e ten establecidos convenios de colaboración con once Comunidades Autónomas olivareiras españolas e con diferentes organizacións e entidades sectoriais.
O equipo humano da AAO está integrado por 120 profesionais especializados, case na súa totalidade funcionarios públicos. A súa sede central está en Madrid (r/ Infanta Mercedesl, 31-plantas 4ª y 5ª 28020-Madrid) e conta con oficinas territoriais en Andalucía, Cataluña e Estremadura.