AGENCIA PARA EL ACEITE DE OLIVA

Menu Principal

Contenido

Accesibilidade

Política de Accesibilidade do Portal Web da Agencia para el Aceite de Oliva
A Agencia para el Aceite de Oliva adoptará todas as medidas necesarias para que a información contida neste portal sexa accesible para todos os usuarios; sen excluír aqueles con calquera tipo de discapacidade ou limitacións de tipo tecnolóxico. Para iso estase a levar cabo a adaptación de todo o contido ás directrices de accesibilidade WAI 1.0 (Web Accessibility Initiative) no seu nivel AA e aplica os estándares establecidos polo W3C (World Wide Web) nos seus niveis máis estritos.
Ámbito de Aplicación
A maior parte do contido é accesible e foi validado polo Test de Accesibilidade Web (TAW) e polo test de validación xhtml do W3C no seu nivel estrito. Debido ao volume de información recollido neste portal, estase a proceder actualmente a adaptar a totalidade das páxinas.
Marco Lexislativo
A lexislación española en materia de accesibilidade, que na súa Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico establece que as Administracións públicas teñen que adoptar as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas respectivas páxinas de Internet poida ser accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada antes do 31 de decembro de 2005.
Navegación
Para facilitar a navegación, todas as páxinas interiores manteñen unha estrutura similar na que se inclúen os mesmos elementos; na cabeceira de cada páxina encóntrase unha ligazón ao mapa do web, ao contactar coa Agencia para el Aceite de Oliva e ao buscador; na parte inferior, o menú coas ligazóns ás distintas páxinas da sección; na parte central/superior, unhas iconas con ligazóns ás distintas seccións, na parte inferior, un pé con ligazóns a puntos relevantes do web.
Teclas Predefinidas
Ctrl + C: Copiar o seleccionado.
Ctrl + D: Agrega a páxina actual a Favoritos.
Ctrl + E: Seleccionar todo.
Ctrl + F: Abre o cadro Buscar nesta Páxina.
Ctrl + G: Gardar páxina.
Ctrl + H: Abre a barra Historial.
Ctrl + I: Abre a barra Favoritos.
Ctrl + L: Vai a unha nova situación.
Ctrl + O: Abre a ventá Organizar Favoritos.
Ctrl + P: Abre a ventá Imprimir.
Ctrl + R: Actualiza a páxina actual.
Ctrl + u: Abre unha ventá nova coa mesma páxina.
Ctrl + v: Pegar o seleccionado.
Ctrl + x: Cortar a selección.
Ctrl + z: Desfacer a acción anterior.
F11 : Abre o explorador a pantalla completa.
F4 : Mostra a lista de enderezos.
Maiús + F1: Abre o índice de axuda.
Maiús + Ctrl + Tab: Retroceder entre marcos.
Maiús + F5: Actualizar.
Maiús + F10: Mostrar menú contextual de vínculo.
Tamaño do Texto
Tanto as fontes coma os elementos gráficos utilizados son relativos; se o visitante prefire un tamaño maior de texto, poderá seleccionalo no navegador e toda a composición da páxina adaptarase ao novo formato.
Suxestións
Se atopa algún problema relacionado coa navegación ou visualización, agradeceriámoslle que nolo comunicase a través do seguinte enderezo de correo electrónico: accesibilidad@mapa.es
Icona de conformidade co Nivel dobre-A, das Directrices 
de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI